Arquivos da etiqueta: Patrimonio

EXPOSICIÓN CINE GALICIA, UNHA RETROSPECTIVA Á MÁQUINA DOS SOÑOS

“Salón Galicia Cine”, aínda pode lerse na fachada do que foi o centro de ocio e cultural para toda a comarca, o Cine Galicia de Buño. O presente proxecto enmárcase nos obxectivos de recuperación de memoria histórica da Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño, é continuación do camiño comezado no 2024 coa exposición fotográfica “Buño na Memoria, as nosas festas”.

Seguir lendo EXPOSICIÓN CINE GALICIA, UNHA RETROSPECTIVA Á MÁQUINA DOS SOÑOS

III ANDAINA POPULAR O QUINTEIRO DE BUÑO 18/10/2025

O próximo sábado 18 de outubro será un día moi completo en Buño; a Asociación de Veciños O Quinteiro, a Comisión de Festas e a Asociación Visibles temos preparadas actividades aptas para tódolos públicos e gustos:

Seguir lendo III ANDAINA POPULAR O QUINTEIRO DE BUÑO 18/10/2025

II ANDAINA POPULAR: A RUTA DA AUGA – 19/04/2025

Abrir a billa e que saia auga… un xesto tan cotiá que nin tan sequera cuestionamos, mais nalgúns países, nalgunhas sociedades, a auga limpa, potable e de calidade é unha mera ilusión. Ademais, en Buño temos a sorte de contar con unha comunidade de auga auto-xestionada e propiedade dos veciños, unha das poucas que quedan en Galicia.

Pero… de onde vén a auga de Buño?, onde se capta?, cal é o sistema de tubaxes que nutren os depósitos?, onde están as principais fontes?.

Nesta andaina trataremos de dar resposta a estas preguntas e gozar dunha xornada moi completa de paseo pola natureza, comida popular, obradoiro de barro e moito humor cos “Fantasmas Familiares” de Quico Cadaval.

Seguir lendo II ANDAINA POPULAR: A RUTA DA AUGA – 19/04/2025

DENUNCIA AO CONCELLO POR DEFICIENTE LIMPEZA DE RÚAS, PARQUES E XARDÍNS

A Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño quere denunciar publicamente a situación de descoido da maleza, limpeza e mantemento xeral dos espazos e vías públicas. Unha situación que pode definirse de total abandono e que causa problemas de salubridade, proliferación de pragas, dificulta os tránsitos e accesos, incrementa o risco de incendios no casco urbano e o risco de accidentes de tráfico; todo elo aparte de ofrecer unha imaxe deplorable e indigna da vila e do mesmo concello, máis aínda en época estival.

Seguir lendo DENUNCIA AO CONCELLO POR DEFICIENTE LIMPEZA DE RÚAS, PARQUES E XARDÍNS

CARTA AO ALCALDE, DESPERFECTOS DO CAMIÑO DO RUEIRO

Sr. Alcade do Concello de Malpica de Bergantiños,

Nos últimos meses os nosos asociados e asociadas trasladáronnos unha preocupación que require de solución urxente por canto está a provocar daños persoais graves e a inutilización de facto dunha vía de recente pavimentación por parte do Concello de Malpica de Bergantiños. Trátase do mal estado do Camiño do Rueiro en Buño; ao principio do mesmo, no lado esquerdo en dirección baixada, hai uns mananciais de auga corrente e constante, os cales xa estaban antes de cumprimentar a obra de pavimentación, e que non foron canalizados en absoluto, tal e como requiriría unha actuación ben planificada. O resultado é que a auga encharca as lousas creando un verdín que fai a vía intransitable. Tanto é así que nos últimos días producíronse varios accidentes resultando en roturas de moneca e brazo en dúas veciñas.

Seguir lendo CARTA AO ALCALDE, DESPERFECTOS DO CAMIÑO DO RUEIRO