Arquivos da etiqueta: Saude

EXERCICIOS FUNCIONAIS – 01 OUTUBRO A 17 XUÑO

As actividades funcionais son exercicios que reproducen movementos da vida cotiá para mellorar a forza, a mobilidade e a autonomía do día a día sen impacto

  • Máis autonomía: facilitan as tarefas do día a día.
  • Menos caídas e lesións: melloran a forza, o equilibrio e a coordinación
  • Máis vitalidade: corpo máis forte, flexible e resistente.
  • Benestar xeral: mellor ánimo e máis socialización en grupo.
Seguir lendo EXERCICIOS FUNCIONAIS – 01 OUTUBRO A 17 XUÑO

CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS BÁSICOS

Os primeiros auxilios básicos aportan uns coñecementos mínimos para poder ser realizados de maneira efectiva. A poboación en xeral non está preparada para afrontar estas situacións de urxencia que aparecen en calquera momento e situación polo que, dende a nosa asociación valoramos a necesidade de trasladar un mínimo nivel de coñecementos sobre o tema, no ámbito rural, mediante unha charla impartida por profesionais sanitarios, quenes altruístamente ofrecéronse a colaborar. O evento foi na tan estimada Farmacia de Buño na tardiña do 17 de xaneiro.

Seguir lendo CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS BÁSICOS

CONFERENCIA: O DEPORTE COMO FERRAMENTA DE BENESTAR E INCLUSIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Apolinar Varela é veciño de Buño e Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de A Coruña. Actualmente exerce como profesor na Facultade de Educación e Psicoloxía da Universidade de Navarra.

A nosa asociación é consciente das dificultades que afrontan as persoas con discapacidade no día a día e tamén de que o deporte pode ser unha ferramenta valiosa para a súa inclusión e desenrolo persoal. Foi por iso que invitamos ao noso veciño, O Doutor Apolinar, para presentarnos os resultados da investigación El deporte como herramienta de bienestar e inclusión de personas con discapacidad intelectual. Un estudio sobre el proyecto Más Que Tenis promovido pola Fundación Rafa Nadal e financiado polo Banco Santander. O evento tivo lugar no salón de actos do Centro de Artesanía e Tradición de Buño (CAT) o día 6 de decembro.

Seguir lendo CONFERENCIA: O DEPORTE COMO FERRAMENTA DE BENESTAR E INCLUSIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CONFERENCIA E CHARLA “COIDAR NO RURAL”

A morte chegaranos a todos e todas polo que convén estar preparado. No rural os coidados dos enfermos e maiores recae case sempre nas mulleres polo que esta charla foi especialmente dirixida a elas.

A Asociación Visibles, con sede en Buño, leva máis de seis anos traballando por unha sociedade máis libre e igualitaria dende a perspectiva de xénero e a infancia. Foi a súa Presidenta quen nos suxeriu co-organizar unha charla sobre como xestionar os coidados daqueles que están próximos á morte e o duelo por aqueles que xa non están.

Seguir lendo CONFERENCIA E CHARLA “COIDAR NO RURAL”