Arquivos da etiqueta: Teatro

TEATRO “OPERACIÓN BARRANCO” – 07/03/2026

Volve o teatro a Buño! toma boa nota e procura ser puntual o sábado, 7 de marzo, no CAT (A Camposa – Buño), xa que a entrada é de balde pero as prazas están limitadas ao aforo.

Nesta ocasión temos a honra de ver sobre as táboas ao Grupo de Teatro Vagalume Animación de Carballo quenes nos presentan, de xeito totalmente altruista, a súa comedia “Operación Barranco”: entre identidades ocultas, matrimonios en crise, amores mal resoltos e operacións que nunca deberían levarse a cabo, disfrutaremos dunha comedia coral chea de retranca galega onde cada personaxe, ao intentar solucionar os seus problemas, acaba precipitando aos demais directamente ao… barranco.

Seguir lendo TEATRO “OPERACIÓN BARRANCO” – 07/03/2026

TEATRO “O HOME NO SOFÁ” 22/11/2025

A compañía Grupo Sen Tempo Teatro, da Escola municipal de Teatro de Zas, estivo o pasado mes de abril en Buño coa función “A voltas co morto”; colleitaron tal éxito que quedamos con gañas de máis. É así que os convidamos de novo a presentarnos “O Home do Sofá”, para o próximo 22 de novembro no CAT de Buño.

Apáganse as luces, sube o pano e comeza a emoción, ponte cómodo no sofá máis irreverente do Grupo Sen Tempo Teatro e prepárate para fartarte de rir.

Seguir lendo TEATRO “O HOME NO SOFÁ” 22/11/2025

TEATRO “A VOLTAS CO MORTO” – 05/04/2025

O próximo 05 de abril a compañía Grupo Sen Tempo Teatro, da Escola municipal de Teatro de Zas, traerán o seu peculiar morto a dar unha volta por Buño. Están de xira coa súa peza teatral “A voltas co Morto”, (dirección de Pablo Soto “Pibe” e luces e son de Teresa Lema) unha rocambolesca comedia que xa fixo rir a veciños de toda a Costa da Morte con gran éxito e acollida.

Apáganse as luces, sube o pano e comeza a emoción, ven a fartarte de rir e dar unha volta co morto do Grupo Sen Tempo Teatro.

Seguir lendo TEATRO “A VOLTAS CO MORTO” – 05/04/2025

TEATRO CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR A NOITE DE REIS

Coa emoción da Noite de Reis ben latente, a escasos dous días da noite máxica, membros da Xunta Directiva da asociación xa tíñamos ben preparados os guións de cada un para que todo saíse perfecto. Ensaiamos nos días previos e representamos as teimas do pequecho Martiño, quen, en plena noite de Reis, lle entra as gañas de mexar e, claro,….todos sabemos que non podemos ver aos Reis esa noite, do contrario quedamos sen agasallo. 

Seguir lendo TEATRO CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR A NOITE DE REIS