Arquivos da etiqueta: Xuntanzas Veciños

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2026 + COMIDA E BAILE – 31/01/2026

  • Data da Asamblea: 31/01/2025
  • Hora da primeira e segunda convocatoria: 10:30 h. / 11:00 h.
  • Lugar da Asamblea: Centro de Artesanía e Tradición (CAT) – A Camposa

Doña María Begoña Castro Souto, Presidenta da Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño, pola presente, CONVOCA a tódalas persoas asociadas da asociación á ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2026 na data, horas e lugar arriba indicados para tratar a seguinte ORDE DO DÍA:

Seguir lendo ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2026 + COMIDA E BAILE – 31/01/2026
Magosto no Quinteiro 2025

MAGOSTO NO QUINTEIRO 15/11/2025

Encántanos o Magosto porque é unha xuntanza de veciños de tódalas xeracións. Nenos e maiores disfrutamos da celebración entorno á música, xogos e ás castañas, alimento básico no país ata non fai moito, e que ben merece unha homenaxe cada ano.

Dende a Asociación de Veciños o Quinteiro xa preparamos unha xornada con actividades que van gustar a tódolos públicos: narración oral con Vero Rilo e “Contos de Defuntos (e outros asuntos)” con Brais das Hortas, e castañas, moitas castañas de balde pra todos.

Ademais, lembras que o pasado 21 de xullo nos xuntamos no parque para falar dos xogos tradicionais? lembrarás tamén que estivemos gravando entrevistas sobre como xogábades de pequenos e como o fan as novas xeracións… pois xa temos o vídeo “Xogos no Quinteiro” e vamos a proxectalo por vez primeira neste Magosto.

Seguir lendo MAGOSTO NO QUINTEIRO 15/11/2025

EXCURSIÓN A FERROL E REDES 27/09/2025

Saída de Buño (Praza Santa Xusta) ás 08:00 hrs con destino Pontedeume, onde faremos unha breve parada. Saída cara a FERROL, cidade curtida en mil batallas, unha sabia mestura de cultura, elegancia urbana e poderío militar. Visitaremos os lugares máis emblemáticos, acompañados dun guía local: o Barrio da Magdalena, declarado Conxunto Histórico-Artístico, o Miradoiro dos Xardíns de Herrera, en cuxa contorna poderemos ver a Igrexa de San Francisco, o Pazo de Capitanía de Mariña ou gozar da panorámica do Arsenal Militar. Achegámonos ao porto para un paseo en barco pola ría de Ferrol. Durante unha hora navegaremos pola zona. Avistaremos o Castelo da Palma, a Fortificación de San Felipe e o pobo mariñeiro de Mugardos, mentres nos explican o uso industrial da ría e o seu papel na historia dende o século XVIII.

Seguir lendo EXCURSIÓN A FERROL E REDES 27/09/2025

XUNTANZA-CONVERSA XOGOS TRADICIONAIS + CAFÉ – 21/07/2025

Dende a Asociación de Veciños e Sociocultural O Quinteiro de Buño estamos a traballar nun novo proxecto para recuperar e poñer en valor a memoria de Buño, desta vez investigando sobre os xogos tradicionais e populares:

  • A que xogabamos cando eramos nenos e nenas?
  • É o mesmo ao que xogan hoxe os nosos fillos e fillas, netos e netas?
  • Na actual sociedade de consumo, onde a infancia ten acceso a multitude de xoguetes, xógase máis ou menos que antes?
  • É importante a transmisión interxeracional dos xogos de sempre, para evitar que desaparezan?
Seguir lendo XUNTANZA-CONVERSA XOGOS TRADICIONAIS + CAFÉ – 21/07/2025

SARDIÑADA DE SAN PEDRO O QUINTEIRO – 28/06/2025

Para esta asociación son moi importantes as xuntanzas de veciños e visitantes, e non hai mellor maneira de xuntarse que arredor de boa comida, bebida e unha cachela de San Pedro. Nesta ocasión, ademáis, queremos agradecer a tódolos asociados/as a vosa confianza invitándovos a sardiñas, pan e viño de balde.

Seguir lendo SARDIÑADA DE SAN PEDRO O QUINTEIRO – 28/06/2025

COMIDA AVV O QUINTEIRO DE BUÑO 22/03/2025

Xa tivemos ocasión de compartir mesa cos socios nas dúas andainas organizadas o ano pasado, pero ésta será a primeira comida anual . Esperamos contar con moitos socios e socias e tamén NON socios/as para unha xornada de encontros, risas e boa mesa.

  • Día e hora: 22 de marzo do 2025 ás 15:00 horas
  • Lugar: Restaurante Canta la Rana (Buño)
  • Precio inscripción:
    – 35 Euros para o COCIDO
    – 15 Euros para MENÚ INFANTIL (só para menores de 14 anos)
  • Límite inscripción: ata completar as prazas limitadas ou hasta o 19 de marzo.