QUEN SOMOS

Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño

A asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño foi fundada o 03 de decembro do 2023 como resposta á preocupación xeral dos veciños e veciñas do estado de abandono da vila en materia cultural, de entretemento, falla de actividades deportivas, deficiente limpeza e mantemento de rúas, parques e espazos públicos, a despoboación, o avellentamento da veciñanza e outros problemas en materia socio-cultural e económica do pobo oleiro. Os seus estatutos establecen como principais fins de actuación a defensa dos intereses xerais dos veciños, como usuarios e destinatarios finais da actividade urbanística, cultural, deportiva, educativa, sanitaria, habitacional, social, económica, de consumo e de participación en materias de interese xeral do pobo.

Durante os primeiros dous meses a súa Xunta Directiva redactou uns obxectivos de actividades para o ano 2024, organizou o traballo dividíndoo en tres comisións de traballo: Cultura, Deportes e Festas, deixando o resto de ámbitos de actuación na Xunta Directiva. Tamén se creou unha imaxe da asociación coa creación de un logotipo e estandarización das comunicacións. O obxectivo destos primeiros dous meses de traballo foi dotar á entidade dunha estrutura ben organizada, con obxectivos a curto prazo e responsabilidades claras e ben definidas.